De pé no océano

De pé no océano

Colección Poesía
Quiero comprarlo
Un libro de David Casal Vadillo

Mediante versos, referencias e debuxos, neste poemario David Casal Vadillo busca transmitir tres aspectos que conforman a súa visión sobre a poesía: O primeiro, que os poemas son recordos materiais de moitas experiencias e instantes (tanto malos como bos), que polo xeral sempre hai que evitar que caigan no olvido. O segundo, que a arte pode ser usada para desafogarse e relaxarse en malos momentos, aínda que sexa só un pouco. E por último, que pode (e ata debería, falando nun plano ideal) ser usada como arma crítica e chea de compromiso ante todo aquilo que sexa unha inxustiza, nunca olvidando que todo acto comunicativo vai ter un discurso político inherente, e que se resume ben no poema “La poesía es un arma cargada de futuro”, de Gabriel Celaya.

Biografía:

David Casal Vadillo (Vigo, 1996), é estudante de Bioloxía na USC. Escribe dende hai máis dun lustro, pero non o empezou a mostrar ata que entrou no colectivo poético Alter Ego en 2015, do cal agora é vicepresidente. Os seus compañeiros e el teñen organizado recitais con micros libres por diferentes locais de Galicia (De catro a catro, O Galo do Vento, Maniquíes, Caldeirería 26, etc), ademais de ter participado no Proxecto Ewa e en 3 edicións do Festival Kerouac de Vigo. Ademais, antes deste poemario, ten publicado no libro Latexo Beat (Editorial Galaxia) e na Antoloxía de Poesía e Microrrelato de Compostela de 2016-2017, así como participado no nº 1 da revista poética Dictum Factum.



Contacta con nosotros


Los campos con asterisco son obligatorios

Llámanos sin compromiso al
91 082 0048