Lembranzas de cativo

Colección Relatos
Un libro de Ramón Iglesias-Sarria Romero

Quixera sementar
ventos de inquedanza
e colleitar
tempestades de esperanza.
Quixera sementar
ventos en odios e rancores
e colleitar
tempestades de amores.
Quixera sementar
ventos en almas dooridas
e colleitar
tempestades de ledicias.
Quixera sementar
ventos en eidos de soedade
e colleitar
tempestades de amistade.
Quixera sementar
ventos en campos de loitar
e colleitar
tempestades de paz.

J. Romero
A Estrada,
27-ll-03

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterPin on PinterestShare on LinkedIn

Contacta con nosotros



Please leave this field empty.

Los campos con asterisco son obligatorios

Llámanos sin compromiso al
91 082 00 48