Luís González Bravo, poeta, que na honra do lugar das súas orixes e da súa residencia, a súa idolatrada comarca do Salnés faise chamar “Lois do Salnés”.
Luís ama e admira a súa Terra; por iso, no presente libro de poemas Enxebrezas rende unha homenaxe á súa querida Galicia.
No presente traballo poético canta ás xentes, ás paisaxes e ás cousas da Terra. É como o seu bautizo na galeguidade. Nel afloran sentimentos, emocións,vivencias; mesmo aparecen a saudade e a morriña, sentimentos propios dos galegos que aman á súa Terriña e desexan unha Galicia próspera, xusta, amorosa, pacífica.
O poeta fúndese con Enxebrezas no agarimo por Galicia, polas súas xentes e por unha Natureza xenerosa que converte a Galicia nun paraíso digno de coñecer. Todo o que pretende o poeta amar e dar a coñecer a súa Terra.
Biografía:
Luís González Bravo, “Lois do Salnés”, (Vilagarcía de Arousa, 1945) é un poeta afeccionado que comeza a escribir seus primeiros versos aos dezaseis anos de idade. Xurdiu a ansiedade da escrita tras as lecturas de poemas nas clases de Literatura. Nela aprecia o valor que teñen as palabras, descubríndo un medio de expresión para poder manifestar a sensibilidade que entón lle afloraba. Verbas as que leva cultivando na actualidade, servindo dalgún xeito como a porta que se lle abre a un mundo de harmónicos espacios. A pluma foi, é e será a ferramenta de seu. A leva como algo inherente ao longo da súa vida. Con ela trata de rexurdir as lembranzas; exteriorizar as emocións; sentir os latexos do mundo no que vive. O autor de ”Enxebrezas” dí que escribe porque sinte unha intrínseca necesidade vital en facelo. Coa escrita goza levitando no cosmos da inspiración, trasladandoo a ámbitos onde a quimera é unha realidade.“Lois do Salnés”, secretario da “Asociaión Cultural A Mesa das Verbas”, de Vilagarcía de Arousa, quere levar ao prelo por primeira vez esta escolma de poemas baixo o título de “Enxebrezas”. Velaquí a obra, unha humilde creación literaria cun fondo temático dun pasado fuxidíu e que Lois intenta de algún xeito recupéralo para gozar daquelas enxebrezas da terra, a través, entre outras cousas da etnografía popular. En “Enxebrezas”rendese culto ás costumes nosas, subliñadas coa peculiaridade dos galegos: homes e mulleres do común que viviron nun ecosistema rural e mariñeiro.“Lois do Salnés” nos trae as antigas tradicións nos seus versos para que éstas nunca fiquen no inexorable esquezo.