as-aventuras-dunha-semente-maxica

As aventuras dunha semente máxica

Colección Novela

Un libro de José Antonio Chaves Mosquera

Alguén dixo unha vez que a lenda comeza onde a Historia non era quen de continuar, polo que non debería estrañarnos atopar cabras endemoñadas, xitanas adiviñas, bandeirantes sedutores ou santos exiliados a falar de como a mellor bebida creada polo ser humano acabou por conquistar as nosas vidas.
Así que, prepare unha deliciosa cunca de café, acomódese preto do fogar e goce das incribles viaxes que lle ofrecerá esta pequena obra.
Saúde!

Biografía:

Nacido na fermosa A Pobra do Caramiñal, Toni Chaves é un apaixonado do mundo do café. Acreditado como barista pola Specialty Coffee Association (SCA), rexenta desde 2016 o Café Literario Ágora no creativo concello de Boiro.

Esta é a súa primeira incursión no marabilloso mundo das letras.



Contacta con nosotros



    Los campos con asterisco son obligatorios

    Llámanos sin compromiso al
    91 082 0048