Reflexións confinadas

Colección Relatos

Quiero comprarlo
Un libro de Érica Domínguez Pais

A nova realidade por mor da crise do COVID – 19, xunto co futuro incerto que acompaña, fai que se barallen moitas opcións na nosa vida diaria. Respecto ao concepto de confinamento, este fai referencia a unha restrición, xa sexa voluntaria ou obrigatoria, do desprazamento das persoas que estiveron expostas a un contaxio e que, posiblemente se atopen ante unha situación de contaxio. Durante este tempo, permanecemos nun lugar determinado ata que pase o transcurso de incubación da enfermidade, durante o cal, se debe garantir asistencia médica, axuda psicolóxica, refuxio e alimento. E agora a cuestión, aprendemos algo durante o período que está durando esta pandemia? Mellorariamos nun futuro, ou simplemente nos limitariamos a volver cometer os mesmos erros?

Biografía:

Érica Domínguez Pais (Dumbría, 2001). É estudante de Educación Primaria na USC e proxectouse a través da palabra, pasando parte da súa vida lendo, para agora, poder realizarlle unha exposición ao resto. A súa necesidade de expresarse levouna a escribir numerosos relatos, e debido á acollida que recibiu, iniciouse nesta orixe. Vinculada a grupos de investigación en temáticas de igualdade de xénero, centrándose nos xogos tradicionais, os roles intrínsecos, os contos infantís e as dificultades asociadas á virilidade.



Contacta con nosotros


Los campos con asterisco son obligatorios

Llámanos sin compromiso al
91 082 0048