Á sombra do vertixe son pedazos do autor que se encontran na vasta estepa destes poemas que se pousan sobre o esqueleto como paxaros cristalinos tentando ir máis alá da cadrada fechadura cerebral que impoñen as convencións sociais, sen filtros, esfínteres nin barreiras. Poemas que teñen a finalidade de ser entes diferenciados dos contextos que recrean e polo tanto sobrevivilos.O libro que pode considerarse o credo e a radiografía vital do escritor onde destaca a súa facilidade para sentir a verdade intrínseca das cousas. A súa poesía vive nun cruce de camiños onde coinciden imaxes que se deslizan polo gume que separa dous mundos contrarios pero que se necesitan, ás veces deixándose caer a un lado ou a outro pero fuxindo dunha mirada aséptica e nunha constante busca da autenticidade.