El caballero verde

El caballero verde

Colección Historia Novela
Quiero comprarlo
Un libro de Ricardo Polín

Novela histórica orixinal de BENITO VICETTO (1844)

Biografía:

Ricardo Polín, doutor en Filoloxía e historiador, destaca como autor de numerosos estudos de historia da literatura, crítica textual e edición de textos antigos, obras polas que ten recibido premios como o extraordinario de doutoramento, o da Crítica de Galicia en investigación, o Ánxel Fole de ensaio ou o do Ministerio de Educación e Cultura á edición, sendo pioneiro na documentación histórica e cartográfica da primeira vía das peregrinacións a Compostela. Entre a súa densa produción figuran obras como as seguintes:
a) Filoloxía medieval: El último siglo de la poesía lírica gallego-portuguesa (1994, incluíndo en cinco tomos o estudo, edición paleográfica e crítica dos textos epigonais galegos no Medievo); A poesía lírica galego-castelá (1994); Cancioneiro galego-castelán (1350-1450). Corpus lírico da decadencia (1997) e As cantigas mariñas no país de Breogán(2000, análise antropolóxica da simboloxía mariña no conxunto máis belido dos cantos femininos de amigo).
b) Literatura do século XIX: O costumismo decimonónico galego (1989, estudo de conxunto sobre a literatura galega de tipos e costumes); Os galegos pintados por si mesmos, album ilustrado que foi ideado no Madrid de 1875 no seo da tertulia Galicia Literaria dirixida por Francisco Añón, Vesteiro Torres e Curros Enríquez, luxoso proxecto do que ten publicados os dous primeiros volumes (A muller tradicional, 1996 e Homes do país, 2000), estando á espera a terceira entrega titulada A derradeira aldea . Tamén foi editor da obra galega de Lois do Cando (A víspora de San Xoán en Montecubeiro, 1992), ambientada na súa terra nativa.
c) Literatura dos anos trinta e da posguerra: recuperación e estudo da obra completa de escritores chairegos falecidos na diáspora e cuxa obra se encontraba perdida ou esquecida como Crecente Vega (A poesía de Codeseira, 1997 e Folla bricia, 2003), Francisco de Fientosa (Á primeira luzada, 2003) e agora Manuel María González (Verde terra miñota).
d) Guía histórica e cartográfica do Camiño Primitivo de Santiago (Camiño a Lugo, 2004;Camín de Burón, 2006 e Á Baleira de Camiño, 2006, estando en preparación un cuarto volume monográfico consagrado ao municipio lucense de Castro Verde), xunto con outros traballos divulgativos traducidos a distintos idiomas.
e) Colaborador en varios proxectos colectivos de carácter histórico ou filolóxico (Gran enciclopedia galega, Proxecto Galicia, La gran obra de los caminos de Santiago, etc), posúe numerosa obra dispersa en coleccións, xornais e revistas especializadas.



Contacta con nosotros


Los campos con asterisco son obligatorios

Llámanos sin compromiso al
91 082 0048