15 min. de teatro

15 min. de teatro

Colección Relatos

Un libro de José Mejuto

José Mejuto sempre foi un apaixonado das historias ben contadas. Da súa afección a escribir contos naceu, La vida duele en el Hormigón (Editorial dixital Bubok). Despois de catro anos na Escola Municipal de Teatro de Vigo e o seu paso pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia traslada os seus contos ao Teatro. Funda a compañía Arte Pingüe Teatro e con actores profesionais representan durante máis dun ano Microvidas. O Círculo de Lectores elíxenos para celebrar o seu 50 aniversario con representacións dos seus textos. Amósanos neste libro o seu bo facer, cunha selección de oito pezas de microteatro. Historias xa representadas en varias cidades galegas que non se quedan só no humor ácido, senón que buscan a catarse do espectador ao ocultar entre as súas liñas realidades sociais, denuncias e ponderacións humanas. O 10% dos beneficios recadados con este libro entregaranse á Fundación Vicente Ferrer para axudar ós seus proxectos.

¿Te ha gustado? ¡Compártelo!

Biografía:

Naceu en Vigo. Xa dende cativo mostrou interese por contar historias. Dende que ós 14 anos o nomearan director da pequena compañía do seu colexio, non deixo de estar vinculado o teatro coma director, actor e escritor. Foi fundador e director de Arte Pingüe Teatro e actualmente é director da compañía Teatro Agarimo.



Contacta con nosotros



    Los campos con asterisco son obligatorios

    Llámanos sin compromiso al
    91 082 0048