“Con outra mirada” é un percorrido imaxinario das vivencias da autora e a súa relación co milenario monumento que sempre estivo tan preto da súa andaina vital. Sentimentos, reais ou imaxinarios, vivencias, en fin, toda unha vida marcada pola dura experiencia da Guerra Civil e do exilio francés e o retorno á terra dos seus devanceiros.
Unha visita imaxinaria de Don Quijote a Lugo, co seu co seu fiel escudeiro Sancho Panza lle serve para expresar os seus sentimentos máis intimistas e a presenza constante do monumento no seu percorrido
existencial. Partindo dise centro neurálxico, Marina Cillero canta e conta os encomios e loubanzas da provincia de Lugo, percorrendo imaginariamente as paisaxes da Cidade de Lugo, da Mariña, da Ribeira
Sacra e da Terra Cha.
A autora fai unha reflexión introspectiva das súas vivencias, polo longo percorrido da súa existencia, dende a saudade, das diferentes etapas e situacións, que lle imprimen unha tinguidura rosaliana a toda a obra.