A Fábrica de Tabacos da Coruña e a Fábrica de Mistos

A Fábrica de Tabacos da Coruña e a Fábrica de Mistos

Colección Ensayo

Comprar libro
Un libro de Ana Naseiro

Esta obra é un estudo inédito con novas aportacións a Historia da cidade da Coruña. A Historial Industrial e Urbanística están ligadas nesta investigación, ambas parcelas están bastante esquecidas na historiografía de España, a escasez de estudos destos campos afecta a percepción da evolución da historia social e económica do noso país na Época Contemporánea. Neste estudo se recollen aspectos novos do devenir da cidade herculina a través da investigación e revisión de fontes documentais apenas coñecidas que nos falan de dúas institucións paralelas e innovadoras como foron a Fábrica de Tabacos e a Fábrica de Mistos, que marcaron a evolución social, económica, urbanística e industrial transformando a cidade e o seu entorno e dando paso a Modernidade.

Biografía:

Ana Naseiro é Facultativa de Arquivos do Estado, formouse en Historia Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, especializándose en Biblioteconomía pola Universidade da Coruña, onde obtivo o doutoramento coa tese: Evolución Histórica da Descripción Arquivística na España Contemporánea. O xermen desta investigación atópase nun proxeto que coordinou do Arquivo da Delegación do Goberno en Tabacalera conservado no Arquivo Xeral da Administración, onde atopou una línea de investigación descoñecida da Historia da Coruña que lle fixo visitar diversos arquivos dando lugar a presente obra que foi finalista do Premio Manuel Murguía da Deputación da Coruña no ano 2017.



Contacta con nosotros



    Los campos con asterisco son obligatorios

    Llámanos sin compromiso al
    91 082 0048