Adiviña con rima

Colección Infantil y juvenil

Quiero comprarlo
Un libro de Vane Ceide

A tradición oral das adiviñanzas forma parte das nosas infancias. No mundo actual no que os nosos/as nenos/as están medrando, é algo que se está perdendo e paga a pena recuperar para seguir fomentando en eles/as a creatividade, o pensamento lóxigo e a maxia que sempre acompaña un descubrimento, sen perder nunca a ilusión por seguirse sorprendendo.
As once adiviñas que forman parte de Adiviña con Rima, están feitas con todas as ganas de crear sorpresa e intriga na mente do público máis miúdo, coa intención tamén de propiciar momentos en familia nos que descubrir, concentrarse e atender sexa un divertimento e un xogo máis.

Biografía:

Vanesa Ceide naceu en Lugo en 1985. Desde moi pequena xurdiu o seu interese e inquietude por contar, expresar e traballar con nenos/as. Con 18 anos aventurouse no mundo dos contacontos e
o ocio infantil e en 2006 empezou a traballar como educadora infantil ata o día de hoxe.
O factor sorpresa, a imaxinación e a maxia forman parte da súa filosofía de vida á hora de traballar co público máis cativo e de esto nace esta pequena obra de adiviñanzas infantís, co fin de rescatar esta tradición que se foi perdendo co tempo e co que todos e todas xogábamos cando éramos pequenos/as. Coa creencia de que xogando a adiviñar estimúlase o pensamento lóxico e a creatividade dunha forma divertida, lúdica e amena, xurde Adiviña con rima, coa intención de crear momentos divertidos e máxicos con toda a familia.



Contacta con nosotros


Los campos con asterisco son obligatorios

Llámanos sin compromiso al
91 082 0048