Nunha das súas deliciosas subidas ao alto do Monte do Pindo, Saltarín descobre un segredo do seu amigo o Xigante da Mina, unha desas máxicas formacións de rocha que habitan neste emblemático Monte.
Cal será ese segredo?
Esta terceira aventura de Saltarín, Con Pasos de Xigante, Saltarín, no Monte do Pindo / Giant Steps, Little Grasshopper, on Mt. Pindo, segue a liña de Chouta, Saltarín! Hop, Little Grasshopper! e Voa, Saltarín, ata a Fin da Terra! Fly, Little Grasshopper, to the End of the World!, dous contos bilingües da autora pensados para que os nenos e nenas aprendan a través do xogo e o movemento.