ERICIA é un conto de fantasía, configurado en forma de triloxía na que se ofrece unha versión moi particular e “lóxica” de moitos mitos, lendas e historias, dende Adán e Eva (Ames e Abes), Caín e Abel, e outras historias da Biblia, do Ramayana e do Mahábharata, do Leabhar Ghabhála Érenn, así como de “Os textos das pirámides” e o papiro 10188B do Museo Británico, coñecido como Papiro Bremner-Rhind, entre outros. Neste primeiro libro, O TRÁNSITO, nárranse as vicisitudes dun grupo de 400 persoas desta época nos tempos do Neolítico galaico e a súa repercusión na evolución de acontecementos que chegaron a nós a través de lendas e escuros relatos.
Biografía:
Naceu na Coruña en 1948. Doutor Enxeñeiro na especialidade de Electrónica e Automática, dedicouse gran parte da súa vida á investigación en enerxética e campos electromagnéticos. A súa actividade no mundo literario, diferente da ciencia e a tecnoloxía, está formado por varias novelas e poemario aínda non editados.