Ter que, e máis cando é no outono da vida, pode mudar un mero estar en todo un ser. A vida, ese concepto tan prezado, e non sempre valorado no seu xusto punto, pódese converter entón nun todo moi diferente segundo o proceder de cada quen. Para Filomena, a vida non fora doada. Das labazadas sen compaixón que levara, medio perdera o norte e cos lamentos, froito de tanta resignación, estivera a piques de atoarse de vez. Porén, ter que sacar adiante unha familia déralle uns folgos que lle fixeran mudar o paso e enfrontarse sen medo ao día a día. Ver, ou só intuír, vellos ou novos perigos na súa contorna para nada a ían acornellar. Ter as prioridades claras nesta ocasión si a salvarían e si lle permitirían protexer aos seus.
Biografía:
Tras danzar con ímpeto aos acordes da Sinfonía fiorentina e lidar nos solpores dunha + existencia en Nun paseo pola vida, Manuel Lamas achégase con Filomena: cousas de casa ao descorrer cotiá dunha muller forte e vital que, moi ao seu pesar, se acabará convertendo en toda unha matriarca á vella usanza.