Saltarín soña con voar ata o emblemático faro de Fisterra. Sendo consciente de que el pode “choutar, correr, xirar, ir adiante e atrás e ata bailar”, vese capaz tamén de voar ata a Fin da Terra… ata que lle entran as dúbidas.
Será capaz de facelo?
Seguindo a liña de Chouta, Saltarín! Hop, Little Grasshopper! – o primeiro libro publicado da autora –, Voa, Saltarín, ata a Fin da Terra! Fly, Little Grasshopper, to the End of the World! é un conto bilingüe en galego e inglés que está pensado para que os nenos e nenas aprendan a través do xogo e o movemento.