Vanesa Ceide naceu en Lugo en 1985. Desde moi pequena xurdiu o seu interese e inquietude por contar, expresar e traballar con nenos/as. Con 18 anos aventurouse no mundo dos contacontos e
o ocio infantil e en 2006 empezou a traballar como educadora infantil ata o día de hoxe.
O factor sorpresa, a imaxinación e a maxia forman parte da súa filosofía de vida á hora de traballar co público máis cativo e de esto nace esta pequena obra de adiviñanzas infantís, co fin de rescatar esta tradición que se foi perdendo co tempo e co que todos e todas xogábamos cando éramos pequenos/as. Coa creencia de que xogando a adiviñar estimúlase o pensamento lóxico e a creatividade dunha forma divertida, lúdica e amena, xurde Adiviña con rima, coa intención de crear momentos divertidos e máxicos con toda a familia.