Fausto González Hermida nace na primaveira do ano 1.952. Tras concluir os estudios de COU no colexio Cardeal Cisneros de Ourense, con case 19 anos emigra a Barcelona, onde viviu case catro décadas. Casa e ten dous fillos. Súa vida transcorreu a cabalo das dúas comunidades máis distantes da xeografía peninsular. Entre algunha que outra labor máis,
traballou en Cataluña durante case tres décadas nunha entidade bancaria de orixe galego ata a súa prexubilación. Nembargante o seu ánimo e o seu pensamento estiveron sempre postos na súa Galicia natal. Viu nacer o sol en Catalunya denantes que en ningunha outra rexión nacional, aló po-los horizontes do mar Mediterráneo no Cap de Creus; e en contrapunto, en Galicia contemplou o ocaso peninsular máis tardío no océano Atlántico, xa
nos confíns de Fisterra. Inquedo e con degoiros culturais dirixiu sendo ó mesmo tempo
xefe redactor da revista A Palloza -que aínda ao día de hoxe edita a Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona- durante un período de case seis anos seguidos compartindo estas funcións coas de presidente da entidade. Nesta tarefa cultural revolucionou o contido desta publicación, pasando de ser un boletín publicitario con fins económicos a ser un referente cultural con acertados e bos artigos. Modelo de innovación
e renovación neste tipo de publicacións, seu exemplo foi imitado por unha morea de centros galegos asentados en Cataluña. Paralelamente contribuiu con intensidade como colaborador en programas radiofónicos de marcado carácter galego, emitidos nas ondas de E.R.G.A.C., Radio Tele Taxi ou Radio Ona. Participou tamén con escritos e artigos con algúns destes Centros e tamén con xornais cataláns como El Punt ou Alhora. Publica o libro “Xogo de rapaces” en setembro do ano 2.014 (Editorial Círculo Rojo). Por nacemento e vocación sempre tivo presente esta inspirada “cántiga do pobo” na que mestúranse arelas, proxectos e esperanzas: Paxaro que deixa o niño, embarcación que sae o mar, home que vai po-lo mundo, ¡Sabe Deus se volverán! E a vida doulle cumprida resposta. Canso da axitada vida de Cataluña volveu “morriñento” a tranquila vila de Cea, -berce do seu nacemento- onde reside na actualidade.